Os alumnos/as, xa experimentados en DOC, de terceiro curso, elaboraron os seus propios taboleiros sobre o tema de ciencias naturais "Os animais"....
Xurdiron retos divertidos nos que os/as participantes tiñan que adiviñar o animal que se estaba a describir.
Unha gran actividade para fomentar a creatividade, o traballo en equipo, o pensamento lóxico, a psicomotricidade, e, como non, para poñer en práctica todo o aprendido nesta materia.
De xeito intercalado tamén se familiarizaron cos novos escornabots... resultoulles moi motivador e divertido poder cambiar de robot.
No hay comentarios:
Publicar un comentario