martes, 26 de noviembre de 2019

ROBÓTICA POLO SAMAÍN



E así de chulo quedou o taboleiro do SAMAÍN... pero non é un taboleiro calquera, aquí aumentamos o nivel de creatividade e os casilleiros inclúen un código QR para facer máis interesante e completa a nosa actividade de Robótica. 

domingo, 24 de noviembre de 2019

A TERRA



Con estes pequenos taboleiros e por equipos traballamos ciencias sociais. Un compañeiro/a le o reto en voz alta e despois solucionan o reto..... Queee nervios!!! que equipo conseguirá máis respostas acertadas????





                                     





AS PARTES DO CORPO


Neste taboleiro os/as alumnos/as de segudo imos a xogar co noso corpo.

 Para que os/as nenos/as se familiaricen cos robots e o xogo, darémoslles as tarxetas co reto xa escrito polos alumnos/as de terceiro; para a vindeira sesión eles/elas terán que traer tarxetas feitas por eles/elas mesmos/as.

Cantas cousas se traballan coa robótica!!!! Coñecementos propios de cada materia (neste caso ciencias naturais), lectura, comprensión, traballo en equipo, repectar as quendas, escoita, etc..... Todo son ventaxas!!!!

domingo, 17 de noviembre de 2019

Grazas Bibliotecas Creativas



Este agasallo chegou ao noso cole de parte de Bibliotecas Creativas tras un día de formación e entrega de Escornabots...... Nos xa estamos listos para comezar!!!

jueves, 14 de noviembre de 2019

Escornabots




Unha tardiña para montar os novos Escornabots cedidos a través do Proxecto Bibliotecas Creativas.

DÍA DA CIENCIA, MULLERES DA CIENCIA



Este ano decidimos destacar a importancia do papel da muller ao longo da historia, en concreto no mundo da ciencia, e creamos este taboleiro para os nosos Escornabots sobre mulleres CIENTÍFICAS.